Porto de Cedeira

Porto de Cedeira

A muller mariñeira que aseñora sobre rochas pregadas como papel

 

A muller mariñeira que aseñora sobre rochas pregadas como papel

No paseo polo litoral do porto de Cedeira, situámonos xunto ao monumento A Muller do Pescador realizada polo escultor Guillermo Feal en 1985. As rochas sobre as que se asenta a escultura e as da súa contorna son un afloramento de anfibolitas de alta temperatura, que amosan pregamentos apertados e bandas de cizalla (forte deformación dúctil).

Estas rochas pregáronse baixo presións colosais durante a colisión entre Gondwana e Laurussia, dando lugar a complexas estruturas de deformación progresiva e superposición mentres se ensamblaba Panxea.