Centro histórico de Ortigueira e paseo marítimo

Centro histórico de Ortigueira e paseo marítimo

Un paseo a través da arquitectura tradicional

 

Un paseo a través da arquitectura tradicional

O centro histórico de Ortigueira invita a percorrer as súas rúas, onde conviven a arquitectura tradicional e os edificios de estilo indiano, reflexo da emigración. O seu trazado urbano, que descende cara á ría, amosa a estreita relación da vila co mar.

O percorrido pasa pola praza de Isabel II, corazón da vida local, a igrexa de Santa Marta, coa súa impoñente torre e o conxunto que forma co antigo convento dos dominicos, actual casa do concello, e no seu interior o Teatro da Beneficencia. As rúas próximas, cheas de actividade, reflicten o día a día de Ortigueira. O paseo marítimo ofrece vistas da ría, o porto e a contorna natural, perfecta para camiñar e observar aves. Ao finalizar este paseo atópase o sendeiro do Borde Litoral, perfecto para gozar da paisaxe e a biodiversidade que se agacha ao longo da ría.

A xeoloxía local, co seu relevo e tipo de rochas, condiciona o solo e o microclima e favorece unha gran diversidade de especies e ecosistemas.