Castro Sarridal

Castro Sarridal

Tras séculos de ocupación

 

Tras séculos de ocupación

Este xacemento arqueolóxico situado en punta Sarridal, é un enclave cunha dilatada historia que abrangue desde a Idade de Ferro ata períodos máis tardíos. As recentes escavacións arqueolóxicas revelaron unha ocupación que data polo menos do século V a.C. e se estende ata o século V d.C. Ademais das súas impoñentes murallas, un dos achados máis singulares e relevantes é un "monumento con forno" ("sauna castrexa").