Praia de Pantín

Praia de Pantín

Paraíso internacional do surf

 

Paraíso internacional do surf

A praia de Pantín é unha das praias máis recoñecidas a nivel internacional para a práctica do surf. Grazas ás súas excepcionais condicións de ondada, consolidouse como un destino privilexiado para surfistas de todos os niveis durante todo o ano.

Esta praia é a sede do Pantín Classic Galicia Pro, o evento de surf máis importante de España e unha parada esencial no circuíto mundial da World Surf League (WSL). Este campionato celébrase habitualmente entre o final do verán e o inicio do outono e atrae á elite do surf mundial ás costas de Valdoviño.