Garita da Vela

Garita da Vela

Ante a inmensidade do Atlántico

 

Ante a inmensidade do Atlántico

A Garita da Vela, en Espasante, é un punto de observación costeiro cuxo nome evoca a súa función histórica como posto de vixilancia ou atalaia. Créese que serviu de base a un destacamento militar dedicado a vixiar a costa de Loiba e a entrada da ría fronte a posibles invasións e incursións mariñas durante o século XVIII.

Hoxe, esa función transformouse nun privilexio para o visitante, que pode gozar de espectaculares vistas do litoral, os acantilados e a inmensidade do Atlántico, co perfil da ría de Ortigueira ao lonxe.