Museo Mares de Cedeira

Museo Mares de Cedeira

Unha ventá á identidade de Cedeira

 

Unha ventá á identidade de Cedeira

Este museo, situado estratexicamente cerca do porto, está deseñado para ilustrar a profunda conexión de Cedeira co océano, non só como fonte de sustento, senón como forxador da súa paisaxe cultural e humana. O seu obxectivo principal é preservar e dignificar o legado da xente de mar que, xeración tras xeración, dedicaron a súa vida ao mar e modelaron a identidade da vila.

O litoral de Cedeira é clave para entender a súa rica diversidade natural, con formacións rochosas características como os xistos, os gneises e as anfibolitas que afloran nos acantilados e zonas intermareais. Estas rochas, formadas durante intensos procesos tectónicos, deron lugar a unha costa accidentada con acantilados escarpados, praias de area e pequenas calas. A variedade de relevos e estruturas do terreo, como fracturas e pregamentos visibles nos acantilados, contribúe á diversidade de hábitats costeiros.