Castelo da Concepción

Castelo da Concepción

Forxado entre rocha e mar

 

Forxado entre rocha e mar

O castelo da Concepción é unha fortaleza militar do século XVIII situada estratexicamente en punta Sarridal, cerca do porto de Cedeira, nun promontorio rochoso. A súa construción, iniciada en 1747, formaba parte dun sistema defensivo máis amplo deseñado para protexer as rías de Cedeira e Ferrol dos ataques inimigos, especialmente durante as guerras con Inglaterra.

O seu centro de interpretación somérxenos na historia defensiva e a vida dos soldados que o custodiaron, e ofrece unha comprensión clave do seu contexto histórico e estratéxico.

A súa situación convérteo nun punto desde o que gozar dunha vista panorámica da ría de Cedeira, ca vila aos nosos pés, as praias próximas e o océano Atlántico.

Ademais do seu valor histórico e a súa impresionante vista, a construción do castelo aproveitou os recursos naturais locais para os seus muros, como a rocha de granito, unha proba da estreita relación entre o ser humano e a contorna. A súa situación domina a ría de Cedeira, un espazo de gran valor natural que, recoñecido como Reserva Mariña de Interese Pesqueiro, exemplifica a xestión sostible dos recursos do mar, un piar do Xeoparque.