Fábrica de conservas La Pureza
Vestixio vivo do patrimonio industrial da vila
Esta fábrica, construída en 1924, foi unha das principais conserveiras da zona, que aínda hoxe se dedica á elaboración de produtos do mar. A súa impoñente estrutura álzase como un notable exemplo de patrimonio industrial que reflicte a profunda importancia que a industria conserveira tivo para a economía e a sociedade local durante gran parte do século XX, e acabou modelando unha parte distintiva da paisaxe de Cariño.
A fábrica pódese visitar e, brinda a oportunidade de coñecer o proceso de elaboración e a historia das conservas, cunha pequena tenda para adquirir os seus produtos. Ademais, as súas conservas do mar, xunto ás conservas vexetais e as marmeladas artesanais de empresas locais, pódense atopar en tendas especializadas, tendas gourmet ou plataformas de venda por internet de produtos galegos.