Praia da Concha e da Basteira

Praia da Concha e da Basteira

Un refuxio seguro e tranquilo na ría

 

Un refuxio seguro e tranquilo na ría

As praias urbanas de Cariño, situadas nos areais da ría, ofrecen augas máis calmadas que as do océano aberto, o que as converte nun lugar ideal para o baño e o goce familiar.

Ámbalas praias ofrecen un espazo onde a vida urbana entrelázase harmoniosamente coa serenidade da ría, e invitan á relaxación e a gozar da paisaxe costeira nun entorno seguro e accesible. Ademais, contan coa comodidade engadida de ofrecer restaurantes e cafeterías próximas no mesmo paseo marítimo.