Castro de Punta dos Prados

Castro de Punta dos Prados

A erosión do tempo

 

A erosión do tempo

O castro de Punta dos Prados é un importante xacemento arqueolóxico costeiro situado en Espasante (Ortigueira), aínda que hoxe en día se atopa bastante deteriorado pola erosión. É un excelente exemplo de castro marítimo, estratexicamente situado en primeira liña de costa para defenderse de incursións mariñas e aproveitar os recursos do mar. O poboado, ocupado desde o século IV a.C. e, posteriormente entre o século I e II d.C., estaba fortemente protexido por dous foxos e unha dobre liña amurallada. Ao igual que en castro Sarridal, un dos achados máis relevantes e singulares é un "monumento con forno" ("sauna castrexa").