Ruta 6. Valdoviño e Cedeira: dous días de costa, océanos perdidos e tradición mariñeira
Dous días de contrastes costeiros: da potente xeoloxía dos océanos perdidos á maxia dun santuario, con ondas e sabores mariñeiros.

Duración: 2 días completos.

En Valdoviño, inicia a túa ruta na praia do Baleo, un areal cuxas anfibolitas revelan o antigo océano paleozoico Reico. Continúa cara ao faro e batería de punta Frouxeira, unha testemuña histórica e militar con vistas panorámicas da costa. Adéntrate no universo do surf visitando o Océano Surf Museo. Explora a lagoa e o areal da Frouxeira, e sente a enerxía da praia de Pantín, mundialmente recoñecida polas súas ondas.

O teu percorrido continúa en Cedeira coa visita do seu centro histórico e o porto. Visita o Museo Mares de Cedeira e o castelo da Concepción, con vistas á ría. Cerca de alí, descubre o xacemento de castro Sarridal e as vistas panorámicas que che ofrece o miradoiro de punta Sarridal. Despois, emprende o camiño cara ao faro de punta Candeeira, gardián solitario, e o miradoiro de Teixidelo antes de culminar a túa viaxe no lendario santuario de Santo André de Teixido, un lugar de profunda tradición sobre impoñentes acantilados.

Datos ruta

Descubre a ruta