Ruta 8. Ortigueira, Moeche, Cerdido e San Sadurniño: raíces xeolóxicas e vales con historias
Unha inmersión cultural e xeolóxica desde a costa ata os vales interiores que revela a orixe profunda da terra e as súas tradicións.
Duración: 2 días completos.
Inicia a túa viaxe na praia de Morouzos de Ortigueira, con rochas dun océano desaparecido. Continúa en Moeche, explora o seu castelo e adéntrate na fraga dos Casás de Cerdido, un reduto de bosque atlántico. En San Sadurniño, descubre o maxestoso castelo de Naraío xunto ao río Castro, e pasea pola ribeira do río Xubia, o Arboreto Galego e a Fraga Máxica. Visita o convento do Rosario e a igrexa de Santa María, e termina coa elegancia do pazo da Marquesa e a finca da Cortiña.
