Ruta 1. Cariño: acantilados, xeoloxía e tradición mariñeira
Descubre a forza xeolóxica do cabo Ortegal e o encanto mariñeiro no punto exacto onde se funden o Atlántico e o Cantábrico.

Duración: 1 día completo.

Comeza no centro histórico de Cariño, paseando polo seu barrio mariñeiro, descubrindo a historia na fábrica de conservas La Pureza. Sente a vida no Porto de Cariño e reláxate nas praias próximas da Concha e A Basteira. Continúa o teu percorrido cara á Cala do Peiral, cos seus impresionantes gneises, e ascende ata a ermida de San Xiao do Trebo para gozar das súas vistas panorámicas. Finalmente, diríxete cara ao maxestoso faro de cabo Ortegal, punto de encontro de dous mares. Marabíllate coas vistas desde a punta do Limo e culmina o día no miradoiro da Miranda ou Vixía Herbeira, onde quedarás abraiado coa altura dos seus acantilados.

Datos ruta

Descubre a ruta